Que a maxia das flores
guíe o teu camiño

Busca as herbas de San Xoán e completa o teu florilexio nesta aventura narrativa onde os saberes e ritos tradicionais do solsticio de verán fían cada etapa do teu percorrido.

Se Dredge navegase polos lagos de Hyrule salvaría o mundo cun feitizo vexetal.

Captura de Florilexio: unha rúa da vila de noite, cunha burbulla de diálogo listando nomes de herbas

A resposta está nas plantas

Captura de Florilexio: un parque durante o día, cunha fonte e testos de herbas

A auga das fontes contén segredos

Completa o teu herbario coa sabedoría que se agocha ao teu redor.

Cada herba co seu poder

Aprende a invocar a maxia do San Xoán.

[captura — sistema de maxia]
Captura de Florilexio: a pantalla de compoñer un ramo de herbas recollidas

Non perdas tempo!

Explora, corta, cataloga… Fai o teu cacho antes de que acabe o día para recibir a protección das herbas.

Aprende a escoitar

Os saberes máxicos están alí onde menos os buscas.

Captura de Florilexio: unha rúa da vila de noite, cunha burbulla de diálogo listando nomes de herbas

Antes da planta veu a semente. Proba o prototipo

“Un pequeno florilexio” é a primeira versión que fixemos do xogo, un prototipo creado para a Fuck Capitalism Jam de 2026. Se queres coñecer o universo de Florilexio sen esperas nin listas de desexos, está dispoñible de forma gratuíta en itch.io.

Captura de Un pequeno Florilexio, o prototipo xogable en itch.io
Xogar a Un pequeno Florilexio en itch.io

Unha ollada ao mundo de Florilexio

[foto do equipo]

“Florilexio”, un proxecto de Tortizorza

Tortizorza é unha mestura imposible e a mellor tapa posible. Tortizorza Estudo Entertaiment??? somos Roig, que se encarga da programación e do universo estético de todo o que facemos; Poch, compositor, programador e responsable do deseño sonoro, e Bita, que xunta letras que forman historias.

Con esta estrutura en triángulo (unha ración de tortilla) iniciámonos como equipo na Fuck Capitalism 2025 con Turistifyer, un convite a trollear as empresas e caseiros estafadores que fan do dereito á vivenda unha misión imposible. Antes, Roig e Poch xa traballaran en común en Destrucciones Martínez.

Nese equilibrio triangular desenvolvimos tamén Augardentía, o xogo co que gañamos a Game Jam “Dende o Galego, con Humor” da Fundación Carlos Casares en decembro de 2025, e “Un pequeno florilexio”, o prototipo co que nos presentamos á Fuck Capitalismo de 2026 e que é o punto de partida para o desenvolvemento de “Florilexio”.

Outros xogos de Tortizorza

Florilexio non é o único que facemos. Isto é o demais — por se che gustou o noso rollo.

Portada de Turistifyer

Turistifyer

Ficción interactiva e satírica na que te converterte no turista perfecto para enganar o caseiro e conseguir piso na Cidade Vella da Coruña. Sobrevivir tamén é actuar.

Itch.io — navegador — gratis Xogar en itch.io
Portada de Augardentía

Augardentía

O Sentulo sae cada noite pescar polbo, choco e robaliza nas Rías Baixas. Hai noites sen lúa nas que cae outra cousa na rede — e só unha caña de augardente pode axudarlle a plantarlle cara ao monstro que levou o seu pai hai vinte anos.

Itch.io — Windows / Linux — gratis Xogar en itch.io

Kit de prensa

Aquí podes atopar imaxes de “Florilexio” para descarga,
notas de prensa e toda a info actualizada en relación ao xogo.

Descargar press kit

Queres falar con nós?

Para prensa, colaboracións ou calquera outra cousa, escríbenos.

ola@tortizorza.gal

Queres meterte nun xardín?

Preme e apúntate á nosa newsletter